obxetivos

A Xuventude de Galicia adicouse durante os seus cen anos de existencia, a divulgar a cultura, a historia, os costumes, a gastronomia de Galicia e a España.

Mensaxe de benvida

Centro Galego de Lisboa A Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa, fundada en 10 de novembro de 1908, é unha asociación de persoas interesadas en difundir e dar a coñecer a cultura e as tradicións galegas en todas as súas manifestacións. A súa vocación é a de fomentar, entre os seus asociados, actividades culturais, recreativas e sociais, creando entre eles vencellos de amizade e compañeirismo. Procura tamén manter a continuidade dos valores, costumes e usos tradicionais de Galicia, non deixando de promover, por outra banda, un proficuo intercambio cultural con outras asociacións similares. A Xuventude de Galicia está inscrita con o número 13 na “Federação Portuguesa das Colectividades de Cultura e Recreio” e foi declarada de Utilidade Pública en 26 de novembro de 1980, distinción que é concedida a Asociacións que presten servizos relevantes á comunidade ou teñan actividades de interese xeral.

A Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa ten, desde xullo de 1988, a súa sede social e as súas instalacións na Rúa Júlio de Andrade, nº 3, en Lisboa, nun palacete construído en finais do s. XIX, con base nun proxecto dun arquitecto italiano. Ese palacete foi doado ó noso Centro polo noso saudoso e ilustre socio Manuel Cordo Boullosa. Este nobre local, situado no centro de Lisboa, acolle unha ampla variedade de actividades. Se, desde 1956, o grupo “Anaquiños da Terra” ten divulgado as danzas e a musica tradicional de Galicia, tamén un gran número de exposicións, conferencias e moitas outras actividades teñen dado a coñecer a nosa cultura e as nosas tradicións.

No tocante ás actividades con horarios permanentes destacamos:

Esperamos que nos fagades unha visita e que participedes nas nosas actividades, tanto naquelas que se suceden de acordo cos horarios semanais como naquelas que, mais especificamente tódolos meses vos ofrecemos, de acordo cos programas que, coa adecuada regularidade, editamos para o efecto


Empeza unha nova época, esperamos que tra lo descanso todos veñan con enerxía e forza para facer fronte o que temos para vos ofrecer ata o vindeiro verán.

Novas actividades van ser presentadas e esperamos a vosa resposta, pois a Xuventude de Galicia necesita de vos.

Como é sabido temos vindo a manter o dinamismo que a nosa Casa merece, as dificultades son moitas, polo que temos vindo a loitar para proporcionar mensualmente un programa diversificado que atraía os socios e amigos a gozar das nosas instalacións recordando un pouco de Galicia ou mesmo como unha alternativa de lecer e convivencia.

107 anos da Xuventude da Galiza

Achégate a nós e danos a túa opinión o suxestión daquilo que mais che agradaría encontrar, pois a Xuventude somos todos nós que a facemos.

¡Esperamos por ti!